viernes, 20 de julio de 2012

Homenaje al Dr. Álvaro Paradela Criado


image
El día 16 de diciembre de 2011, Narart rinde homenaje, en el Pazo da Cultura de Narón, al Dr. Álvaro Paradela Criado, en el centenario de su nacimiento.
Para ilustrar la figura de tan singular personaje, dejamos aquí unos extractos de dos artículos aparecidos en el Diario de Ferrol, un artículo publicado el día 1 de septiembre de 2011, y escrito por Juan J. Burgoa:
“… médico de profesión e periodista de vocación. Naceu o 24 de Marzo de 1911 na cidade da Coruña e cursou os seus estudos de Medicina en Santiago, exercendo de médico desde o ano 1960 en Freixeiro-Narón, onde morreu.
Ademais foi Profesor titulado de Educación Física e seguidor da Escola Racionalista, exercendo un meritorio labor como Presidente do Club de Mar de San Amaro na Coruña.
Como periodista, utilizando normalmente o pseudónimo de Amaro Orzán, deixou unha prolífica obra nos medios de comunicación, especialmente nas páxinas de La Voz de Galicia, La Noche, Ferrol Diario, ABC, El Heraldo de Vivero e La Región, cunha escrita de denuncia, incisiva e mordaz en ocasións, o que chegou a ocasionarlle problemas coa censura.
No que atinxe á súa obra literaria, Álvaro Paradela publicou quince libros, dous deles en edicións venais: o primeiro “La rosa que canta” o ano 1958 en Betanzos e o segundo, “Sabencias”, unha colección de poesías na editorial Galaxia o ano 1969. O resto, unha serie de relatos curtos co título de “Cuadernos de Amaro Orzán”, foron publicados, normalmente con ocasión do seu aniversario, en edicións privadas de curtas tiradas para agasallo dos seus amigos.
Paradela Criado foi un escritor bilingüe, galego e castelán, caracterizado polo seu humor fino e corrosivo e pola súa escrita requintada e orixinal. Numerosos poemas, en galego e castelán, aparecen espallados por diferentes revistas como Grial, Poesía Hispánica, Poesía española, Arcano e Bahía. De gran interese é un  conxunto de 48 cantigas populares, que Paradela chamou cantarelas… Outro dos seus poemas, “Aturuxo”, foi musicado polo cantante Xoán Rubia.
Abondosos premios balizaron a súa traxectoria cultural: Fernández Latorre, O Facho, Pérez Lugín, Fernández Flórez, Ángel Ballester.
Paradela Criado foi tamén un inventor de palabras. A mais de Breogania, Reingaliciado, Tetracolpos, Vindeirismo ou Esteticario, cumpre salientar Ferrolterra, usada por vez primeira o ano 1964 na súa obra “Biografía de un don Nadie”, unha palabra eufónica e de ampla utilización, mesmo usada o ano 1995 nun bando conxunto dos alcaldes da comarca. Aínda que é unha palabra restritiva –tan só cita a Terra e esquece ese Mar tan importante na comarca–, tratouse no seu día dunha intelixente anticipación desa área metropolitana (ou como queiran chamala) para a necesaria concentración funcional dos concellos que debe afrontar a administración.
Narón fai anos que lle dedicou unha praza.
Amaro  H 

A Coruña recentemente deu o seu nome a unha rúa e a Sociedad Artística Ferrolana convoca tódolos anos un premio de narracións curtas que leva o nome do escritor.”

clip_image002
y el otro artículo publicado el día 16 de octubre de 2011 y escrito por Xoan Rubia:
“… home difícil de definir polo seu xeito de ser e pola actitude que mantiña diante do contexto social no que lle tocou vivir. Non pasaba desapercibido e supoño que por iso, por pertencer a esa clase de seres humanos que definiríamos como peculiares, espertaría fobias e filias como é lóxico e natural. A min, na curta relación que mantiven con el, parecíame un home entrañable.
Confésolles que a figura de Álvaro Paradela veu estes días a miña memoria lendo a Vicente Araguas, sobre todo cando menciona que o coñeceu na miña casa, aquí en Mugardos. Este é un episodio que eu tiña case esquecido e agora rexorde na miña acordanza, aínda que non lembro a data nin o motivo daquela xuntanza, pero si Vicente, que ten unha memoria prodixiosa, o di abofé que é verídico.
O meu primeiro contacto con Álvaro Paradela xurde pola amizade que tiña co meu pai e porque este pedíralle que apadriñara a miña primeira grabación… Escribiu con moito agarimo unha presentación que figura na contraportada do meu primeiro disco, ofreceume un poema que máis tarde musiquei e logo acudiu a algunha actuación miña por varias localidades do que el chamaba “Ferrolterra” e acompañoume tamén nalgunha entrevista para “Ferrol Diario” e “La Voz de Galicia”…
Poucas veces máis coincidín con Álvaro Paradela persoalmente, pero si o seguín a traveso das súas escritas que el mesmo editaba e que enviaba aos seus amigos máis próximos entre os que se achaba, como dixen antes, o meu pai.
Hoxe, na biblioteca familiar, aínda figura aquela pequena colección de libriños que conteñen poemas, relatos, ensaios e algunhas que outras reflexións moi breves con ese sentido do humor tan peculiar que o caracterizaba. Son como as greguerías de Gómez de la Serna ao máis puro estilo “paradeliano”.
Alguén chegou a manifestar que a súa morte tamén estaba rodeada dunha certa aureola de misterio. ¿Foi un coche o que atropelou a Álvaro Paradela ou este quen atropelou ao coche? ¿Estaba Álvaro Paradela naqueles intres preso dese desencanto vital do que a veces falaba? Nunca o saberemos.
O caso é que a mención que Vicente fai daquel encontro con Paradela na miña casa, abriu esa carpeta que eu gardaba nun recuncho do disco duro da miña memoria para lembrar e en certo modo revivir un tempo no que nós si críamos nun espertar de Galicia. E Paradela, a pesares de todo o que dixera, aló no máis fondo do seu corazonciño, quizais tamén o cría. Escoiten senón estes versos daquel poema que me regalou e que eu unha vez musiquei: 
“Hei, cantemos barilmentecoa gorxa de boas razón
Sexa pra sempre a terra nosa
pra gozala sempre nós”



Si queréis leer el artículo completo pinchar aquí

clip_image004
Foto del Dr. Paradela, tomada el 24 marzo de 1911, encontrada aquí.

Junta Directiva Narart

 

No hay comentarios: